A Xunta licita por máis de 1,6 M € a compra de materiais para a realización de determinacións de hemoglobina glicosada para a área sanitaria da Coruña e Cee

Este material terá como destino o Servizo de Análises Clínicas e permitirá o diagnóstico, seguimento e control de pacientes diabéticos tipos I e II

Entre os materiais recollidos no expediente inclúense reactivos, diluíntes, solucións xenéricas, reactivos auxiliares, calibradores, controis ou consumibles

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o 26 de outubro para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026

 A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos Públicos de Galicia, a licitación, por un importe de 1.647.889,32 euros, da contratación para a subministración de materiais para a realización de determinacións de hemoglobina glicosada para o Servizo de Análises Clínicas da área sanitaria da Coruña e Cee.

Así, o valor estimado do expediente, que terá unha duración de 36 meses con posibles prórrogas por un período máximo de 2 anos, é de 2.542.198,40 euros.

Entre os materiais recollidos no contrato inclúense reactivos, diluíntes, solucións xenéricas, reactivos auxiliares, calibradores, controis ou consumibles.

Deste xeito, cóbrense as necesidades de subministración deste material, así como a posta á disposición do equipamento preciso para a realización das técnicas de laboratorio.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o 26 de outubro para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 22/09/2026