A conselleira de Política Social e Igualdade responde a unha pregunta oral no Pleno

Fabiola García denuncia a irresponsabilidade do Goberno central e a mala xestión da situación dos menores que permanecen en Ceuta

Alerta de que o sistema de protección da infancia está “ao límite” e que Galicia non ten recursos para “seguir acollendo con esta intensidade”, tras recibir a 150 no último ano pese ao recorte do 82% do financiamento

Santiago de Compostela, 23 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, denunciou esta mañá a “mala xestión e irresponsabilidade” do Goberno central en torno á situación dos menores que aínda permanecen en Ceuta. Así o destacou en resposta a unha pregunta oral no Pleno, onde puxo en valor a “solidariedade indiscutible” de Galicia, que no último ano acolleu a 150 menores non acompañados, unha cifra que excede a capacidade do sistema de protección da infancia.

Neste sentido, fixo fincapé en que o sistema galego está “ao límite”, principalmente polo recorte do 82% do financiamento por parte do Goberno central e “o trato desigual” entre comunidades. Por último, Fabiola García alertou de que Galicia “xa non ten recursos para seguir acollendo menores con esta intensidade”, algo que, segundo asegurou “non é cuestión de solidariedade, senón de responsabilidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/09/2026