A Xunta avoga pola sensibilización fronte á discriminación contra as persoas en situación de pobreza

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no II Simposio Europeo sobre Aporofobia, onde salientou o compromiso do Goberno galego para combater os prexuízos e promover o respecto e a participación activa de toda a poboación

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, interveu esta tarde no II Simposio Europeo sobre Aporofobia, onde avogou pola sensibilización fronte á discriminación contra as persoas en situación de pobreza.

Trasladou o recoñecemento da Xunta á Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN), organizadora das xornadas, polo seu traballo coa poboación vulnerable e por poñer en primeiro plano as situacións de rexeitamento que sofre.

Arturo Parrado salientou o compromiso do Goberno galego para procurar as medidas que reduzan as desigualdades sociais, combatan a discriminación e promovan o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.

Neste sentido, destacou a sensibilización como vía para loitar contra os prexuízos e lembrou que, con esta premisa, a Xunta traballa na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030. Entre as súas prioridades, apuntou, está comba ter a aporofobia e a discriminación por diferentes razóns e promover a inclusión a través da participación social.

A loita contra a discriminación as persoas máis vulnerables, rematou o director xeral, é unha das prioridades do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/09/2026