Fabiola García recibe a Alegría, unha peregrina de Murcia que durante dúas décadas axudou a persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago

A conselleira de Política Social e Igualdade destaca o carácter inclusivo da ruta xacobea e “o importante beneficio emocional” que xera en todas as persoas que o percorren

Santiago de Compostela, 24 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a Alegría Bernardino, unha peregrina con mobilidade reducida que realizou unha etapa do Camiño de Santiago acompañada por familiares, persoal da súa residencia e da entidade Ambulancia del Deseo.

Durante o acto, a conselleira destacou que durante case dúas décadas, Alegría Bernardino dedicouse a acompañar a persoas con discapacidade e mobilidade reducida para que puidesen peregrinar a Santiago de Compostela. Por iso, sinalou “agora pasou de acompañar a ser acompañada”, co que “nos permite devolverlle unha pequena parte do que ela fixo polos demais”.

Por último, a conselleira puxo en valor o feito de que o Camiño é “unha das sinais de identidade de Galicia” e tamén “un elemento de inclusión, de integración e de unión”, destacando, ademais, “o importante beneficio emocional” que xera en todas as persoas que o percorren.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2026