Belén do Campo asiste ao acto conmemorativo do Día da Merced no CIS Carmela Arias
A celebración serviu para recoñecer o labor que desenvolven diariamente os profesionais das Institucións Penitenciarias
A Coruña, 25 de setembro de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do Día da Merced, patroa das Institucións Penitenciarias, que se celebrou no Centro de Inserción Social (CIS) Carmela Arias e Díaz de Rábago da Coruña. A delegada felicitou persoalmente a todos os galardoados.
A celebración serviu para recoñecer o labor que desenvolven diariamente os profesionais das Institucións Penitenciarias, un traballo esencial que vai máis alá do cumprimento das funcións propias do ámbito penitenciario e que ten entre os seus principais obxectivos favorecer a recuperación da autonomía e a integración social das persoas privadas de liberdade.
A colaboración entre as distintas institucións e axentes sociais é fundamental para ofrecer oportunidades ás persoas que se atopan en procesos de reinserción, contribuíndo deste xeito a unha sociedade máis cohesionada e inclusiva.
O acto reuniu representantes do ámbito xudicial, das forzas e corpos de seguridade, das diferentes administracións públicas e das entidades sociais que colaboran co CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago.