A Xunta participa na tradicional Festa dos Avós de Paradela

Paradela (Lugo), 26 de setembro de 2026

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participaron hoxe na tradicional Festa dos Avós, que este ano celebrou a súa edición trixésimo primeira. Perfecto Rodríguez destacou a importancia deste tipo de eventos, nos que se recoñece a contribución das persoas maiores na mellora da sociedade.

Perfecto Rodríguez agradeceu ao Concello a invitación a este festexo, que incluíu un xantar de confraternidade, música a cargo da Banda de Música de Paradela e agasallos para os participantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2026