A Xunta destaca a importancia de estudar as novas realidades da exclusión social para poder afrontalas
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na V Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social
Lobios (Ourense), 26 de setembro de 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na V Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social e no V Seminario Internacional de Educación Social organizados polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), onde destacou a importancia de estudar as novas realidades da exclusión social para poder afrontalas.
Neste sentido, celebrou que tanto o mundo académico como o profesional traballen xuntos no análise dos novos desafíos aos que se enfrontan os servizos sociais. Un enfoque de interdisciplinariedade, indicou, que tamén potencia a Xunta nas súas políticas neste ámbito.
Así, explicou Arturo Parrado, o Goberno galego promove programas destinados a persoas o grupos con factores de vulnerabilidade ou exclusión que combinan obxectivos sociais e educativos. E nos que é fundamental, rematou, a colaboración entre administracións, entidades e profesionais.