Villaverde salienta o traballo das persoas mariscadoras nunha xornada de confraternidade co sector de Muros
Lousame (A Coruña), 26 de setembro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou hoxe no tradicional xantar da Agrupación de Mariscadoras e Mariscadores a Pé da Confraría de Pescadores de Muros, unha cita anual de confraternidade coa que o colectivo comparte unha xornada de encontro entre as profesionais.
Villaverde puxo en valor o traballo, a dedicación e a experiencia das persoas mariscadoras de Galicia e destacou a importancia deste colectivo para manter vivo un oficio estreitamente ligado á identidade mariñeira galega. O xantar reuniu arredor de 115 persoas e serviu tamén para render homenaxe a cinco profesionais xubiladas, tres de Muros e dúas de Noia.