A conselleira M. Allegue visita a empresa Horta Coslada, en Arteixo, que fabrica a estrutura metálica dos viadutos para os novos accesos do CHUAC

Arteixo (A Coruña), 1 de outubro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe as instalacións da empresa Horta Coslada, en Arteixo, que fabrica a estrutura metálica dos tres viadutos dos novos accesos do CHUAC.

Allegue, xunto coa directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, coñeceu in situ o traballo desta empresa especializada en construcións metálicas e puido abordar cos seus responsables a fabricación das citadas estruturas para os accesos ao complexo hospitalario. A conselleira adiantou que no mes de novembro os caixóns metálicos que compoñerán o viaduto sobre a AC-012 xa se poderán transportar ao lugar, para logo ir procedendo ao seu ensamblaxe e posterior izado sobre os pilares.

Cómpre lembrar que a Xunta, no marco da ampliación do CHUAC, está a impulsar uns novos accesos ao complexo, cun orzamento de 24M€. Na primavera demoleuse o antigo viaduto de acceso sobre a AC-12 e dende aquela vense traballando na configuración dos novos viadutos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2026