A delegada da Xunta en Ferrol asiste ao acto de imposición de condecoracións con motivo do Día da Policía

Narón (A Coruña), 2 de outubro de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá no Pazo da Cultura de Narón, ao acto institucional que, con motivo da celebración do Día da Policía, organizou a Comisaría de Ferrol-Narón. Durante o mesmo, procedeuse á imposición de condecoracións aos axentes máis destacados, recoñecendo así o labor que desenvolven día a día e a súa contribución á hora de protexer e garantir a seguridade da cidadanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2026