A Xunta recibe un total de 19 ofertas para os sete primeiros contratos de redacción dos proxectos de urbanización de solo para vivenda, fundamentalmente protexida

O importe de licitación deste contrato rolda os 6,4M€

Trátase da redacción dos proxectos de urbanización dos primeiros sete PIAs aprobados para a dotación de solo residencial para esta novas vivendas

Con esta licitación a Xunta avanza no compromiso de urbanizar solo para 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2026

A Xunta recibiu un total de 19 ofertas de empresas para levar a cabo a redacción dos proxectos de urbanización dos sete Proxectos de Interese Autonómico (PIA) que xa teñen aprobación inicial.

O importe total de licitación deste contrato, dividido en sete lotes, rolda os 6,4M€ (6.366.604,24 euros),

En concreto, ao lote 1 para o desenvolvemento do PIA de Santiago en Mallou, onde está previstas 3.609 vivendas, presentáronse 4 ofertas; idéntico número de empresas (4), que se presentaron ao lote 2, da Coruña: SUD Monte Mero, onde se prevén 4.397 vivendas.

Ademais, presentáronse 3 ofertas de empresas ao lote 3, correspondente a Arteixo. A Baiuca – A Penouqueira, onde se prevén 160 vivendas; e outras tantas (3) ao lote 5, Ourense. SU1 Escorial-Vinteún, onde se prevén 1.435 vivendas.

Dous ofertas, en cada caso, foron as recibidas nos lotes 4 en Lugo: SR-5 Sagrado Corazón, con 1.265 vivendas previstas; e no lote 7 en Vigo: SUB 405 Ofimático, onde de prevén 2.000 vivendas.

Recibiuse tamén unha oferta no Lote 6, que se corresponde co desenvolvemento de solo en Pontevedra, SB2-Fase II e SB5 (San Mauro), onde se prevén 2.010 vivendas.

En total nos sete PIAs para os que se licita a redacción do proxecto de urbanización aloxarán 14.876 vivendas. En todos os ámbitos o 80 por cento das vivendas a construír será protexidas e o 20 por cento restante libres.

O obxectivo deste contrato é que as obras de urbanización se poidan licitar en 2027, unha vez aprobados os proxectos e adquiridos os terreos.

Ademais destes sete PIAs a Xunta traballa noutros seis emprazados, outro máis en Vigo, xunto cos de Vilagarcía de Arousa, Marín, O Porriño, Ribadeo e Cangas.

Estes PIAs forman parte da Estratexia Galega de Solo Residencial a desenvolver nas grandes cidades, no seu entorno e en zonas de alta demanda, para a construción de 25.000 vivendas, das que 20.000 serán protexidas.

O Goberno galego é pioneiro en empregar esta figura dos Proxectos de Interese Autonómico para axilizar prazos para que estes fogares sexan unha realidade canto antes.

Deste xeito, a Xunta ten en marcha 13 PIA en 12 concellos no que vai de lexislatura: Lugo, Vigo (son 2), Arteixo, Pontevedra, Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Marín, O Porriño, Vilagarcía de Arousa, Ribadeo e Cangas.

Data de actualización: 03/10/2026