A Xunta salienta o papel da Festa da Faba de Lourenzá como elemento de dinamización socioeconómica do rural
2026-10-03
/documents/35297/2308669/20261003_PazRodriguez_FabaLourenza.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lourenzá (Lugo), 3 de setembro de 2026
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu hoxe á XXXIV Festa da Faba de Lourenzá, onde salientou o papel deste evento como elemento de dinamización socioeconómica do rural.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 03/10/2026