Villares felicita ao equipo júnior feminino do Club de Voleibol Emevé, campión da Copa da Xunta de Galicia

Lugo, 2 de outubro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, recibiu hoxe na Delegación Territorial ao equipo júnior feminino do Club de Voleibol Emevé, que o pasado sábado se proclamou na Coruña campión da Copa Xunta de Galicia.

Villares felicitou ás xogadoras e técnicos implicados e sinalou que este trunfo “é un aliciente para o grupo no inicio dunha nova tempada e un estímulo para as rapazas e rapaces das categorías inferiores”.

Neste sentido, subliñou que o club lucense “é un referente do voleibol en Galicia polo magnífico traballo que fai coa súa extensa canteira e polos logros deportivos, representando a Lugo na primeira división nacional”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2026