Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille
O lume iniciouse ás 17,02 horas do martes 29 de setembro e finalmente afectou unha superficie de 71,98 hectáreas de monte raso
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille, quedou extinguido ás 16,28 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 17,02 horas do martes 29 de setembro e finalmente afectou unha superficie de 71,98 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 técnicos, 50 axentes, 66 brigadas, 53 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.