Villaverde reforza o diálogo directo co sector do mar na previa do congreso Conxemar-FAO en Vigo
Vigo, 5 de outubro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou esta noite no cóctel do XIV Congreso Internacional Conxemar-FAO, celebrado no Palacio de la Oliva, en Vigo.
O encontro permitiu á responsable autonómica compartir espazo con representantes da cadea mar-industria e reforzar unha liña de diálogo directo e escoita activa co sector, nun contexto marcado polos retos da innovación, a competitividade e a transformación da actividade pesqueira e acuícola.
Data de actualización: 05/10/2026