A Xunta mantén un encontro con representantes do sector pesqueiro da Patagonia arxentina no marco de Conxemar

Vigo, 7 de outubro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe unha reunión no espazo institucional da Xunta no recinto de Conxemar con representantes do Grupo Santander e de Pesca Ecoprom, encabezados por Luis Antonio Santander, xunto ao deputado arxentino Juan Pablo Luque. No encontro, os representantes da delegación patagónica trasladaron a situación xeral da actividade no caladoiro do Atlántico Suroccidental e interesáronse polos procedementos e modelos de xestión desenvolvidos polo tecido marítimo-pesqueiro en Galicia.

A xuntanza abordou de xeito xeral as relacións comerciais habituais entre ambos os dous territorios no ámbito pesqueiro. Galicia canaliza arredor do 80 % do volume e do valor dos produtos pesqueiros procedentes de Arxentina que entran en España, con máis de 38.500 toneladas rexistradas no que vai de ano 2026 correspondentes principalmente a especies coma o lagostino e a pescada hubbsi destinadas ao mercado e á transformación industrial.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 07/10/2026