A cidadanía galega está chamada a doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva de outubro
A ADOS convida a participar activamente na campaña de doazón que se achegará ata máis de corenta concellos galegos ata finais da próxima semana
Precísanse ao redor de 400 doazóns de sangue diarias e a Axencia fai especial fincapé na necesidade de incrementar a participación dos grupos A Positivo, O Positivo e O Negativo
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra á cidadanía da necesidade de doar sangue nas xornadas previas e inmediatamente posteriores á ponte festiva do 12 de outubro. A Axencia salienta que son precisas doazóns de todos os grupos sanguíneos pero, especialmente, se reforza o chamamento aos grupos A Positivo, O Positivo e O Negativo.
As datas festivas provocan unha lixeira diminución da participación, repercutindo no estado de reservas dos distintos grupos sanguíneos, polo que que a ADOS salienta a importancia de acudir a doar ao longo desta semana xa que, todos os días, os hospitais galegos precisan ao redor de 400 doazóns para facer fronte ao seu labor asistencial.
Será posible doar nos locais de atención ao doador existentes nas sete grandes cidades galegas ou nas unidades móbiles da Axencia que visitarán ao redor de corenta de concellos galegos ata finais da próxima semana:
|
DATA |
DESPRAZAMENTOS |
|
Xoves 8 de outubro |
Pontedeume, CIFP Universidade Laboral (Culleredo), Urb. Matogrande e Cantón-Obelisco (A Coruña), Campus Norte e Xunta de Galicia (Santiago), Viveiro, CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e Barrio da Carballeira (Ourense), Marín, Tomiño, CIFP Pontecarmoa (Vilagarcía), IES Ricardo Mella e CUVi (Vigo) |
|
Venres 9 de outubro |
Arteixo, Coirós, O Burgo (Culleredo), Noia, Serra de Outes, Chantada, Verín, Marín, Redondela e Barrio Residencial Navia (Vigo). |
|
Sábado 10 de outubro |
Arteixo, Cabanas, Noia, Redondela e Verín |
Labor asistencial
Cada día, os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, realizan 800 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos, así como realizan 1.600 atencións nos hospitais de día. Unha elevada porcentaxe desta intensa actividade asistencial precisa do sostemento de compoñentes sanguíneos que só é posible obter da doazón de sangue.
Para máis información, ADOS dispón do portal web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.