A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático reuniuse co alcalde do municipio

A Xunta e o Concello de Coirós avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade

Ángeles Vázquez comprométese a estudar o proxecto coas propostas municipais para mellorar as condicións de almacenamento de auga

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Coirós, Francisco Quintela Requeijo, avaliaron hoxe nunha reunión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela as posibilidades de acometer medidas para optimizar a rede de abastecemento do municipio.

Neste senso, Ángeles Vázquez, comprometeuse a estudar o proxecto que o alcalde presentou a Augas de Galicia para mellorar as condicións de almacenamento de agua desta localidade coruñesa.

A finalidade, segundo explicou o alcalde no encontro, é dar resposta ao incremento da demanda de auga potable como consecuencia do aumento da poboación e da expansión do parque empresarial coa implantación de novas industrias con elevado consumo de auga.

Así mesmo, cómpre lembrar que aínda que as competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas son municipais, a Xunta de Galicia a través da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático presta o seu apoio técnico e económico aos concellos galegos para contribuír a que poidan exercelas do xeito máis eficiente e presten uns servizos de calidade á súa veciñanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2026