Mar reúnese coa confraría de Rianxo para abordar temas de interese para a entidade
2026-10-14
/documents/35297/2314110/20261014DXPAITreuni%C3%B3nPMRianxo+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse hoxe co patrón maior da Confraría de Pescadores de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, para abordar temas de interese para a entidade relacionados cos seus principais recursos, como a volandeira.
Na reunión, que se enmarca na escoita activa da Consellería do Mar co sector, tamén se tratou a importancia do seguimento da actividade e das medidas de control, especialmente na pesqueira desta especie, así como outras cuestións como as relacionadas coas accións que poden ser subvencionables polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
Data de actualización: 14/10/2026