A Xunta destaca o papel das frondosas para a xestión do monte galego na xornada formativa de Cultigar
Padrón (A Coruña), 15 de outubro de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, inaugurou hoxe a xornada Frondosas en xestión activa: eficiencia produtiva, valor ecosistémico e futuro, organizada por Cultigar, na que puxo en valor a importancia dunha xestión forestal activa e planificada para aproveitar o potencial das masas de frondosas, favorecer a conservación dos ecosistemas e avanzar cara a montes galegos máis coidados e resilientes.
O encontro reuniu profesionais e representantes do sector forestal para compartir coñecementos e experiencias sobre as posibilidades das frondosas en Galicia, abordando cuestións relacionadas coa súa xestión, mellora, aproveitamento e contribución ao futuro do monte. Así, a xornada incluíu relatorios, experiencias profesionais e unha mesa redonda baixo o título Que madeira temos? Que futuro queremos?