Estabilizado o incendio do concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Cabanela
Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Cabanela, está estabilizado desde as 03,33 horas de hoxe.
O incendio iniciouse ás 19,23 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 1 técnico, 9 axentes, 14 brigadas, 14 motobombas, 1 pá e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.