Allegue visita a sede do Colexio oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia na Coruña

A Coruña, 17 de outubro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, realizou hoxe unha visita á sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia na cidade da Coruña, onde mantivo un encontro con representantes da súa directiva, cuxa nova decana é Lorena Solana. Durante a súa visita, na que tamén asinou no libro de honra do Colexio, Allegue volveu poñer en valor a relación da Xunta coa entidade e subliñou que este encontro “vén reforzar aínda máis se cabe esa estreita colaboración que temos entre a Consellería de Vivenda, Planificación de Infraestruturas e o Colexio”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2026