A Xunta outorga unha concesión de ocupación de preto de 490 metros cadrados para unha rede de saneamento no concello coruñés de Miño

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada en decembro do 2025 e cuxo ámbito de actuación afecta á rúa Extremeiro

A intervención comprende a regularización dunha infraestrutura de saneamento xa executada coas conexións exteriores das augas pluviais e residuais

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2026

A Xunta de Galicia outorgou ao Concello de Miño unha concesión para ocupar 489,70 metros cadrados de terreos no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), concretamente na rúa Extremeiro do municipio coruñés.

Con este título concesional, cuxo anuncio publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, dáse resposta á solicitude presentada polo Goberno local en decembro de 2025 para destinar o ámbito ocupado á regularización dunha infraestrutura de saneamento xa executada.

En concreto, a condución comprende as conexións exteriores das redes de augas pluviais e residuais dun edificio de vivendas situado na rúa Extremeiro coas redes municipais de saneamento separativo existentes.

Cómpre lembrar que o título establece o uso xeral, público e gratuíto do dominio público ocupado e non exime ao Concello de Miño da obtención dos demais permisos, licenzas ou autorizacións que resulten esixibles.

Data de actualización: 21/10/2026