O Servizo Galego de Saúde salienta o valor da endocrinoloxía na calidade de vida das persoas máis aló do tratamento dunha única enfermidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, participou na inauguración o 67 Congreso da Sociedade Nacional de Endocrinoloxía e Nutrición no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2026

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, durante a inauguración do 67 Congreso da Sociedade Nacional de Endocrinoloxía e Nutrición que se celebra en Santiago, subliñou o papel da endocrinoloxía na calidade de vida das persoas, máis aló do tratamento dunha enfermidade concreta.

“Poucas especialidades teñen hoxe un impacto tan amplo sobre a saúde da poboación, xa que a diabetes, a obesidade, as enfermidades tiroideas, a nutrición clínica ou os trastornos metabólicos condicionan a autonomía e o prognóstico de millóns de persoas”, remarcou o xerente do Servizo Galego de Saúde.

Neste sentido, valorou a función da endocrinoloxía e a nutrición desde a prevención, ademais da propia abordaxe da enfermidade de forma multidisciplinar e do acompañamento aos pacientes con patoloxías crónicas e complexas.

O congreso que acolle o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, segundo sinalou Luis León, é moito máis que un foro científico porque permite seguir avanzando “no noso obxectivo común de ofrecer a mellor atención posible aos nosos pacientes”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2026