Belén do Campo destaca a importancia de manter vivas as tradicións populares e gastronómicas galegas na XVII Festa da Matanza de Trasmonte
A delegada da Xunta puxo en valor pon en valor o traballo das asociacións veciñais na conservación do patrimonio cultural e na dinamización social e económica do rural
Oroso (A Coruña), 8 de novembro de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto aos alcaldes de Oroso, Alex Doval, asistiu este domingo á XVII edición da Festa da Matanza de Trasmonte, no municipio de Oroso, unha celebración popular organizada pola Asociación de Veciños A Pena do Tesouro que cada ano reúne numerosos veciños e visitantes arredor dunha das tradicións máis representativas da cultura e da gastronomía galegas.
Durante a súa asistencia, Belén do Campo puxo en valor o labor que desenvolven as asociacións veciñais para conservar e transmitir costumes que forman parte da identidade de Galicia, ao tempo que contribúen a dinamizar as parroquias, favorecer a convivencia e manter viva a actividade social no rural.
A delegada salientou que festas como a de Trasmonte son moito máis ca unha celebración gastronómica, xa que permiten recuperar e dar a coñecer os coñecementos e os costumes vinculados á tradicional matanza do porco, unha práctica que durante xeracións tivo un papel fundamental na vida das familias galegas e na economía doméstica do campo.
Neste sentido, destacou a importancia da colaboración entre as administracións e o tecido asociativo para apoiar iniciativas que preservan o patrimonio inmaterial, promocionan os produtos tradicionais e contribúen a dar visibilidade ao potencial gastronómico e cultural das localidades galegas. Nesta liña a delegada lembrou que a Xunta apoia este evento principalmente a través de la Axencia de Turismo de Galicia.
A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso con este tipo de celebracións populares, que axudan a conservar os sinais de identidade propios de cada territorio, reforzan o sentimento de pertenza e constitúen tamén un atractivo para achegar visitantes ás localidades do interior.
A xornada desenvolveuse na Carballeira de San Román e contou cunha feira de produtos propios da matanza, na que os asistentes puideron adquirir produtos tradicionais como cachuchas, lacóns, chourizos e roxóns, elaborados seguindo os costumes desta práctica ancestral.
O programa comezou ás 12.30 horas coa apertura do recinto, continuou ás 13.00 horas coa actuación musical de Aires de Broña e, a partir das 14.00 horas, celebrouse o xantar popular, cun menú protagonizado polos produtos derivados do porco. A feira de produtos da matanza permaneceu aberta durante toda a xornada.
Contexto histórico da celebración
A Festa da Matanza de Trasmonte conta cunha longa traxectoria. En 2009, cando se celebraba a súa cuarta edición, a convocatoria xa conseguira reunir arredor dun milleiro de comensais e repartir uns 2.000 quilos de carne de porco.
Esta é unha iniciativa que naceu da vontade dos propios veciños de recuperar a celebración colectiva da matanza e contribuír tamén a sufragar as festas patronais de San Román. Co paso dos anos, a festa consolidouse como unha cita destacada do calendario gastronómico e festivo da comarca de Ordes.