Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 84 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

12/02/2023 | 12:01 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta estende a plataforma FIDES como a canle dixital especializada para a xestión do emprego público

Busca dotar a Administración autonómica dun sistema de xestión que dea soporte ao expediente dixital do empregado público, aos procesos de selección de persoal e de carreira profesional de modo integramente dixital

11/02/2023 | 13:37 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta defende o papel do software libre como axente facilitador para o fomento de vocacións tecnolóxicas entre as mulleres

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presenta un programa de actividades coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

07/01/2023 | 10:30 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso da rede entre as persoas de 65 aos 74 anos crece o dobre da media estatal e supera o 70 %

Os galegos de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso habitual da rede e nas compras online

04/01/2023 | 12:13 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio e facer predicións e simulacións con intelixencia artificial

O Xemelgo Dixital é un dos tres proxectos galegos que forman parte das primeiras iniciativas emblemáticas seleccionadas polo Goberno para o Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH)