Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia pon en valor a campaña do centro comercial aberto Zona Obelisco en colaboración co Básquet Coruña
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na entrega dunha camiseta asinada polos xogadores do clube de baloncesto a unha das persoas que mercou no comercio local
A Xunta abordará o absentismo laboral con medidas acordadas no marco do diálogo social e apela á oposición ao consenso
En resposta a unha pregunta parlamentaria, José González defende deseñar cos axentes sociais un plan integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia, tendo en conta o informe elaborado por expertos das universidades de Santiago e Vigo
Ana Ortiz salienta que a Xunta “dá un paso adiante” no mercado laboral e busca solucións a través do diálogo social como “ferramenta clave”
A delegada territorial do Goberno galego en Vigo participou na clausura do encontro sobre absentismo laboral celebrado no Círculo de Empresarios
Belén do Campo destaca o traballo do Polo de emprendemento de Melide con 376 iniciativas apoiadas das cales o 54% son proxectos postos en marcha por mulleres
Na visita a delegada mantivo varios encontros con beneficiarios, o ano pasado, dos apoios para o bono autónomo que xa ten aberta a convocatoria deste ano ata o 30 de setembro
A Xunta fomenta o relevo dos negocios galegos co Bono Remuda
Reguera informou en rolda e prensa sobre esta iniciativa que conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros
Martina Aneiros anima a solicitar o Bono Autónomo antes do 30 de setembro
A delegada territorial da Xunta en Ferrol puxo o foco nesta convocatoria durante a visita a Óptica A Gándara, beneficiaria desta liña de axudas o pasado ano
A Xunta pon en valor a Feira Galega de Artesáns que acollerá Ribadavia do 1 ao 3 de maio coincidindo coa 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro
José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración deica setembro dunha ducia destas feiras, das que xa tiveron lugar as de Ferrol e Padrón
A Xunta investirá case 11 M€ na formación de 480 persoas desempregadas na provincia de Pontevedra
Reguera informou en rolda e prensa sobre a resolución da nova convocatoria dos obradoiros duais de emprego
A Xunta leva a iniciativa ‘Prato de mercado’ a Vigo no marco da súa aposta por consolidar as sinerxías entre as prazas de abastos e a gastronomía galega
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe —no mercado do Calvario— no encontro coa hostalaría local Do mercado aos teus pratos