Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.749 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

15/06/2026 | 15:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o vindeiro ano

15/06/2026 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de case 547.000€ no obradoiro de emprego de Oleiros que formará a 20 desempregados para poñer en valor 'O Bosque dos Veciños'

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, traballos de carpintaría e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble

15/06/2026 | 14:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora coa Fundación RIA nunha xornada sobre o futuro do deseño galego cun dos focos na artesanía

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu ao seminario 14x14 que reúne hoxe en Santiago 14 profesionais de referencia procedentes de distintos ámbitos do deseño para reflexionar sobre o futuro do sector

15/06/2026 | 13:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros dá a benvida en Ortigueira aos 20 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego ‘Terras do Ortegal III’

Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón e financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 454.000 euros

14/06/2026 | 15:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta os lazos históricos entre Vilanova de Arousa e a cidade alemá de Cuxhaven como exemplo do legado da emigración galega en Europa

O encontro celebrou o 25 aniversario da irmandade entre ambas localidades, consolidada a partir do importante fluxo migratorio desde o municipio pontevedrés cara ao norte de Alemaña nas décadas dos 60 e 70

13/06/2026 | 13:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a casa de Galicia en Bilbao no seu centenario por reivindicar a galeguidade no País Vasco

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto central co gallo do centenario da entidade, integrado nun amplo programa cultural e institucional