Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.753 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

28/05/2026 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima a aproveitar os Bonos Activa Comercio e informa que se incorpora como novidade un sorteo nas redes sociais

A delegada explicou que a cidadanía pode descargar un bono desconto de ata 30 euros para utilizar nas tendas adheridas ata o esgotamento do crédito dispoñible ou do orzamento global da convocatoria

28/05/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destaca os lazos históricos entre Galicia e O Uruguai na inauguración en Santiago da exposición do xornalista e caricaturista Jaime Clara

Os secretarios xerais da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da Lingua, Valentín García, participaron no acto no que tamén tomou parte o cónsul do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, xunto ao propio Jaime Clara

28/05/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mobilizou preto de 59 M€ en políticas activas de emprego que permitiron apoiar arredor de 5.000 contratacións en 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, compareceu a petición propia na Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego para presentar o balance dos diferentes programas de incentivos desenvolvidos o pasado exercicio

27/05/2026 | 17:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reclama ao Goberno un reforzo dos fondos para formación co fin de facilitar a plena integración laboral das persoas migrantes regularizadas

José González pon de manifesto que o escenario de regularización extraordinaria require tamén dotar ás CCAS de máis recursos para potenciar as políticas activas de emprego que favorezan a súa inserción en liña co mercado laboral

27/05/2026 | 17:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
27/05/2026 | 15:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os bonos Activa Comercio da Xunta poden empregarse dende hoxe en máis de 750 comercios lucenses inscritos na campaña

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou varios establecementos da capital  adheridos a unha nunha nova edición deste programa, que busca dinamizar as vendas a nivel local 

27/05/2026 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Arranca unha nova edición do Bono Activa Comercio con máis de 2.000 comercios adheridos na provincia de Pontevedra

A cidadanía xa pode descargar un bono desconto de ata 30 euros para utilizar nas tendas adheridas ata o esgotamento do crédito dispoñible ou do orzamento global da convocatoria

27/05/2026 | 15:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Cariño o oficio da elaboración de ‘sanandresiños’ co proxecto Artesanía na Escola

O artesán Jorge Bellón, protagonista da unidade didáctica Eu son artesán de figuras de pan, realizou esta mañá unha demostración da creación destes amuletos típicos de Santo André de Teixido para o alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne

27/05/2026 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros enxalza a capacidade dos Bonos Activa Comercio para a revitalización dos establecementos de proximidade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol informou da nova convocatoria durante a visita a tres comercios adheridos