Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.753 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

25/05/2026 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia a posta en marcha esta semana dunha nova edición dos bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ e que incorpora como novidade un sorteo nas redes sociais

O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a primeira convocatoria de axudas deste ano, dotada con 2,5 M€ e que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia

25/05/2026 | 13:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo sinala aos cursos AFD impulsados pola Xunta, como unha ferramenta para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas

Manuel Pardo explicou que a nova orde de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas, dotada cun crédito de 60 M€, se enmarca no redeseño integral da formación para o emprego que está impulsando o Goberno galego, e que aposta pola flexibilización, a axilidade, a conexión co mercado e a atención á demanda efectiva das persoas beneficiarias

24/05/2026 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a súa colaboración co Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración

Cun financiamento por parte do Goberno autonómico de 50.000 euros, o Consello da Cultura Galega organizará neste 2026 exposicións ou publicacións sobre a emigración, ademais de avanzar na conservación de material documental

23/05/2026 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o labor do lar gallego de Sevilla na divulgación da tradición e da música popular galega

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a sede do Lar Gallego de Sevilla e posteriormente asistirá ao concerto Xacobeo 27, un camiño pola cultura galega con motivo do 25 aniversario do grupo de gaitas deste centro

23/05/2026 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Fisterra a emigración como parte da memoria colectiva e do ADN dun pobo que soubo levar Galicia polo mundo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun acto de homenaxe á emigración organizado polo Concello de Fisterra, no que tamén tomou parte o alcalde, Luis Ínsua, e a concelleira de Cultura, Susana Rodríguez

23/05/2026 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia da Romaxe Artesá da Chaira na divulgación e na comercialización da Artesanía de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou en Muras a décima edición do evento, no que participan 20 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia