Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia en Merza en colaboración co Taller Eferro
A Fundación Artesanía de Galicia organiza unha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’ no que participarán sete obradoiros artesanais especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado
A Xunta impulsa en Oroso a comercialización da Artesanía de Galicia durante a XVIII Festa da Troita
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a Feira Galega de Artesáns que se celebra ata mañá domingo e na que participan 13 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
A Xunta lanza un novo espazo dixital de formación para impulsar a competitividade e profesionalización de persoas autónomas, comerciantes e emprendedoras
O Goberno galego vén de poñer en marcha o novo Campus formativo de emprego autónomo, unha plataforma destinada a mellorar e facer medrar os pequenos negocios mediante formación práctica, sinxela e orientada a resultados
A Xunta pon en valor a nova orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
González salienta que nos vindeiros días se publica esta medida de Emprego e Vivenda (1,5 M€) destinada ao alugueiro ou cesión de uso de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes para persoas contratadas por empresas galegas
A Xunta pon en valor o impacto das axudas ao comercio local con 4 M€ mobilizados este ano para a súa modernización e dixitalización
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo unha pregunta relativa a esta convocatoria enmarcada no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030
A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu de maneira telemática a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, na que se fixo o anuncio
A Xunta salienta o reforzo orzamentario da orde AFD ata os 60 M€ que permitirá formar 10.700 persoas sen emprego nos ámbitos máis demandados polas empresas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego unha pregunta relativa ao balance da convocatoria 2026-2027, tras o redeseño integral da orde o pasado ano
O delegado territorial da Xunta en Ourense salienta a campaña da Xunta ‘Merca no teu comercio 2026’ a prol dos establecementos de proximidade nos barrios e nos concellos do rural
Manuel Pardo sinalou que con esta campaña, a Xunta busca reactivar o consumo e achegar ao consumidor os establecementos locais, poñendo en valor o comercio de proximidade ourensán