Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca en Chantada o valor da cestería de vimbio en ámbitos coma o interiorismo
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o segundo módulo do curso de perfeccionamento Laboratorio das fibras vexetais, impartido por Pau Trepat e Idoia Cuesta
A Xunta reforza o ecosistema de emprendemento transfronteirizo co proxecto Greenseed e destaca o potencial da bioeconomía no rural galego
José González subliña o impacto de GreenSeed para dinamizar e protexer o territorio, conectando oportunidades entre Galicia e o norte de Portugal e favorecendo a atracción e retención de talento no rural
A Xunta amosa en Ribeira os oficios tradicionais da elaboración de zocos e de pandeiretas a través do seu proxecto Artesanía na Escola
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CEIP Heroínas de Sálvora, de Aguiño (Ribeira), para facer demostracións ante o alumnado
A Xunta lanza unha nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que promoverá o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2026 do Retorna Cualifica Emprego, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna e que favorece o regreso de galegos e galegas da diáspora e a cobertura de vacantes por parte de empresas
A Xunta celebra no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo un taller sobre os riscos psicosociais e a súa relación coas accións de conciliación
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde na Coruña na presentación desta acción enmarcada no campus formativo de igualdade laboral impulsado polo Goberno galego
Manuel Pardo subliña os máis de 130.000€ que a Xunta destinou a 8 negocios da provincia de Ourense para garantir a súa continuidade a través do Bono Remuda
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito (1,5M€), para facilitar o relevo xeracional de autónomos
A Xunta destaca que Galicia pechou o primeiro trimestre de 2026 con 28.000 persoas ocupadas máis que hai un ano
Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados esta mañá tamén mostran que as taxas galegas de paro (8,96), así como de desemprego feminino (9,51) e xuvenil (24,30) son máis baixas que no conxunto do Estado
A Xunta conciencia as novas xeracións en Vigo sobre a elección profesional sen prexuízos de xénero con exemplos do sector metalmecánico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participaron esta mañá no CPR Montesol nunha xornada no marco do programa ‘Que non te líen, ti elixes’, impartida por Asime