Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.756 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

28/03/2026 | 09:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata este mércores 1 de abril o prazo para adherirse ao programa ‘Medrando Xuntas’ co fin de foltalecer o papel das mulleres na economía social

A iniciativa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización dirixidas a mulleres traballadoras, socias e directivas, incidindo en habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións ou a mellora da confianza profesional

27/03/2026 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia con 40.000 euros a instalación dun ascensor no mercado municipal das Neves

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros

27/03/2026 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada unha formación integral pioneira centrada no traballo artesanal con fibras vexetais e na cestería contemporánea

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ao inicio do curso de perfeccionamento ‘Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais’, que se desenvolverá en San Cristovo de Mouricios ata marzo de 2027

27/03/2026 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinou máis de 240.000€ para a consolidación e impulso de 13 entidades da economía social na provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que esta orde de achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta cun orzamento de 2,73 millóns de euros e busca reforzar a presenza das empresas de economía social no tecido económico da provincia

27/03/2026 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
27/03/2026 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas

José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral

27/03/2026 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca o programa Talento Mozo con novos compromisos de inserción e prioridade nos apoios á contratación para facilitar a entrada nas empresas

O DOG publica hoxe os novos programas de emprego e formación para persoas do Sistema nacional de garantía xuvenil (6,6 M€), que priorizarán os sectores laborais con máis demanda para reforzar a conexión co tecido produtivo

26/03/2026 | 18:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva este ano ata máis de medio cento as campañas de prevención de riscos, seguridade e saúde no ámbito laboral

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, deu conta no Parlamento dos programas e accións que impulsa o organismo dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración