Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.541 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

22/05/2026 | 09:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha nova edición dos Bonos Talento Empresa dotada con 2,2 M€ para impulsar formación de curta duración e á carta do tecido produtivo

O DOG publica hoxe unha nova edición destas achegas para a posta en marcha desta formación áxil e non regrada dirixida aos cadros de persoal das empresas coa novidade da suba en 200.000 € en relación ao orzamento anterior para responder á demanda

21/05/2026 | 20:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Ourense o valor de iniciativas como ‘Merca no teu comercio’ para impulsar este sector nos barrios e nos municipios do rural

O director xeral de Comercio e Consumo participou no barrio do Couto na entrega de premios da primeira quenda desta acción, que percorrerá 40 localidades galegas que non teñen centros comerciais abertos e chegará a máis de 60 asociacións de comerciantes

21/05/2026 | 17:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
21/05/2026 | 16:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa no Porto nun foro arredor do proxecto transfronteirizo Iqual Campus a prol da igualdade laboral en Galicia e no norte de Portugal

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais interveu hoxe no arranque do foro ‘Pontes para a formación transfronteiriza en igualdade de xénero laboral’, poñendo en valor a plataforma en liña habilitada no marco da iniciativa de colaboración

21/05/2026 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
21/05/2026 | 11:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a convocatoria para a selección dunha persoa encargada de dinamizar o novo espazo coworking de Muimenta en Carballeda de Avia

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello de Carballeda de Avia, coa colaboración de Sende, Anceu Coliving e Fundación RIA, promoven o proxecto ‘Muimenta Viva’ para favorecer a activación social e o emprendemento no rural