Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anima en Lugo a solicitar antes do día 15 as axudas para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co fin de fixar poboación no rural
José González lembra que os inmobles rehabilitados deben alugarse ou cederse a persoas traballadoras, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e primándose os casos relacionados con eidos estratéxicos como o agroalimentario
A Xunta promove a rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras no rural
O delegado territorial destacou o impacto que terá esta liña de axudas na fixación de poboación nos concellos rurais
Belén do Campo destaca o investimento de preto de 475.000 € no obradoiro Laracha X para formar a 20 desempregados do concello para mellorar a súa empregabilidade
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e en traballos de carpintaría e moble
Manuel Pardo informa sobre a primeira orde da Xunta para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
O delegado territorial destacou que esta iniciativa busca dar resposta tanto ás necesidades de man de obra do tecido produtivo como ás de acceso á vivenda das persoas traballadoras, ao tempo que se avanza na fixación de poboación e na vertebración do territorio co foco nos municipios de menos de 20.000 habitantes
Martina Aneiros anima aos artesáns de Ferrolterra a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia
Obradoiros artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada dun crédito orzamentario de 265.000 euros
Galicia rexistra en xuño o máximo histórico de afiliacións con 1.123.034 cotizantes e o mínimo de paro con 105.768 persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social destacando que a nosa Comunidade ten preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano
A Xunta de Galicia aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano vindeiro
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada con entidades como a Fundación RIA como vía para impulsar proxectos aliñados cos retos do territorio
José González salienta a contribución de Casa RIA como espazo de referencia para a reflexión e o diálogo para conectar os desafíos globais desde unha perspectiva local adaptada á realidade galega, favorecendo sinerxías e intercambio de coñecemento
Martina Aneiros dá a benvida aos 10 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego de Ferrol
Trátase dunha iniciativa financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 227.300 euros