Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.746 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

16/11/2025 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva aos 8,9 M€ as axudas a novos proxectos emprendedores coas que promove a remuda xeracional e a continuidade de negocios asentados no territorio

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación de crédito da convocatoria de 2025 destas achegas, que tiñan inicialmente 6,7 M€ de orzamento, polo que se produce un aumento de case un 33 % co gallo de acadar as 800 entidades beneficiarias

15/11/2025 | 12:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta levará ao diálogo social a Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse recentemente co grupo de traballo de Seguridade e Emerxencias, un dos creados para a redacción desta folla de ruta pioneira, tarefa que encara a súa recta final

14/11/2025 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a contratación de persoas desempregadas con 450.000 euros en axudas na área territorial de Pontevedra

O delegado territorial visitou unha das dúas entidades que se beneficiaron destas axudas que deixaron un total de 37.500 euros no concello de Bueu

14/11/2025 | 13:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta Xantar 2025 como referente feiral en Ourense e expoñente do potencial da industria alimentaria como xeradora de riqueza e emprego

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron hoxe na presentación da 26ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico

14/11/2025 | 13:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede case 2 M€ en axudas para financiar 33 accións formativas para persoas desempregadas en 12 entidades de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá na sede de Cogami, en Ferrol, aos participantes nun curso de capacitación práctica en xestión e servizos administrativos

14/11/2025 | 12:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno

Salienta que desde a posta en marcha no 2018 da Estratexia Galicia Retorna e con datos ata o 2023 —últimos dispoñibles— promoveuse o regreso de máis de 36.500 galegos residentes no exterior

13/11/2025 | 19:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ofrece un cofinanciamento coa Deputación e os praceiros para desbloquear o futuro da Praza de Abastos Nº1 tras a negativa do Concello a participar

Tras a reunión con representantes da Deputación de Ourense e da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza, José González ofreceu un cofinanciamento a tres para suplir o que debería facer o Concello nun edificio de titularidade municipal

13/11/2025 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as novas instalacións do polo de emprendemento de Ferrol e a súa alizanza estratéxica coa Cámara de Comercio da Coruña

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá a nova oficina, que vén de iniciar unha nova etapa trasladándose ao centro na cidade, na rúa María, 158

13/11/2025 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita aos cinco negocios gañadores e aos finalistas dos Premios do Comercio Galego pola súa contribución á dinamización do sector

A iniciativa compostelá Creativas Galegas gañou o Premio Comercio Galego, no que foron finalistas a canguesa Alba Lazarí e a arteixá Ceibes Barefoot Shoes 

13/11/2025 | 12:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz destaca o fomento do comercio local de Vigo a través dunha nova edición do concurso de Nadal de escaparatismo

A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou a iniciativa “Ilumina o teu escaparate” organizada polas asociacións de comerciantes