Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract
Agradece a visión emprendedora e a aposta da firma pola innovación, o talento e a formación, destacando a súa colaboración pioneira coa FP Dual na comarca
Román Rodríguez demanda un maior apoio financeiro do Goberno central para as universidades e volve advertir do “deterioro educativo” xerado pola Lomloe
O conselleiro de Educación participa en Murcia nunha xornada organizada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, onde cuestionou as últimas reformas lexislativas a nivel estatal e concretou as iniciativas levadas a cabo pola Xunta
Román Rodríguez anima ao alumnado de Galemundo a “aproveitar ao máximo” a estadía este verán no estranxeiro para mellorar o seu nivel en idiomas
O conselleiro de Educación saúda no aeroporto Rosalía de Castro a un grupo dos 647 alumnos de Bacharelato que participan neste programa, a través do cal viaxan fóra de Galicia máis de 1.600 estudantes e docentes para ampliar a súa formación
Galicia participa por primeira vez no programa do CERN para divulgar a ciencia en festivais musicais de Europa
Román Rodríguez destaca o impacto destas iniciativas para achegar a I+G+i a todos os públicos e mellorar a cultura científica xeral, un dos retos da futura Lei de ciencia
Educación e a Fundación Andrea colaboran para reforzar a atención ao alumnado con enfermidades de longa duración
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a presidenta da entidade asinan un convenio para impulsar medidas de apoio aos estudantes que non poden manter unha asistencia regular á aula
As aulas galegas contarán con 900 profesores máis na etapa de secundaria o vindeiro curso grazas ás novas medidas do acordo de mellora educativa
Explica que a meirande parte deste reforzo de cadro de persoal, uns 747 docentes, derívanse da reconfiguración do horario docente para garantir unha mellor atención ao alumnado e ás familias
Román Rodríguez destaca o liderado universitario de Galicia no eido matemático a nivel estatal
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o XXVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se celebra esta semana en Santiago
Alumnado do CIFP Cantería de Galicia elabora e entrega un templete á Insua dos Poetas
A peza escultórica, elaborada en granito fino procedente de Lugo e Ourense, supera os 5.000 quilos e acada case os tres metros de altura
Belén do Campo comproba as obras de mellora da cuberta no IES de Oroso que contan cun investimento de case 50.000 €
A delegada da Xunta visitou o IES de Oroso, onde a Xunta executa actuacións para mellorar as instalacións e o confort da comunidade educativa dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
A nova spinoff TraffikGene, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, lanza a súa tecnoloxía vinculada á innovación na saúde
A Xunta concedeu cerca de 500.000€ á idea innovadora inicial que derivou na creación desta compañía, nacida tras sete anos de investigación no CIQUS do equipo de Javier Montenegro, investigador Oportunius