Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.681 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

30/07/2025 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 60 obras por máis de 5 M€ en centros educativos da provincia de Ourense

Avánzase na execución de oito grandes intervencións que inclúen ampliacións e reformas estruturais en colexios e institutos

29/07/2025 | 15:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita o CiMUS pola distinción María de Maeztu, “un novo fito da I+D+I galega”

Felicita a todo o equipo deste centro de investigación, que a Xunta apoia con 15 M€, pola obtención dun recoñecemento que potenciará a captación de talento internacional

29/07/2025 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta reforza a I+D+i das catro fundacións de investigación sanitaria de Galicia cunha inxección de preto de 2 M€ para o bienio 2025-26

Román Rodríguez subliña a importancia deste apoio na área da saúde “onde os resultados científicos se traducen nunha mellora directa no día a día dos cidadáns”

28/07/2025 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Fundación Galtia lanzará en 2026 a súa primeira convocatoria para captar investigadores de máximo nivel

Salienta que o obxectivo “é incorporar 30 investigadores de máximo prestixio internacional ata 2030”

28/07/2025 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo supervisa as obras da nova cuberta do CEIP Manuel Bermúdez Couso no concello da Pobra de Trives ás que a Xunta destina preto de 600.000€

O delegado territorial explicou que, con esta nova infraestrutura, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional busca mellorar as condicións do centro educativo e garantir unha maior eficiencia enerxética, en liña cos obxectivos do Plan de nova arquitectura pedagóxica impulsado pola Xunta de Galicia

27/07/2025 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 300 docentes melloran no estranxeiro a súa formación grazas ao programa Galemundo da Xunta

A Consellería de Educación destina máis de 1M€ a esta iniciativa con dúas modalidades: unha para o verán e outra para integrarse nun centro doutro país no primeiro trimestre

26/07/2025 | 09:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia blinda o reforzo das axudas ao profesorado para gastos de formación

Poden presentarse solicitudes ata o 30 de setembro con contías que van dos 200 aos 750 euros en función do lugar da actividade: Galicia, España ou o estranxeiro

24/07/2025 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica un total de 10.320 prazas de profesores, 868 máis que o curso pasado, a través dos concursos de destinos provisionais e de traslados

Os aspirantes que superaron as oposicións celebradas este verán convértense en funcionarios en prácticas cun 86% das prazas convocadas cubertas

23/07/2025 | 15:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adapta o mapa escolar á evolución demográfica para o vindeiro curso 2025-26

Debido á falta de alumnos, deixarán de funcionar sete unitarias mentres que outras tres permanecerán abertas malia ter unicamente cinco matriculados

23/07/2025 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a acreditación de competencias profesionais de máis dun cento de traballadores do sector do naval a través da súa experiencia

Román Rodríguez lembra que esta acción, enmarcada no Plan FPGal360, ten un “triplo beneficio” para os traballadores, para as empresas e para a sociedade no seu conxunto