Actualidade
Buscador de novas
A Xunta cede á Brilat unha peza realizada polo Centro Integrado de FP Cantería de Galicia
A escultura, un escudo de España, foi realizada por persoal do centro e está elaborada en granito do país e pesa uns 1.000 quilogramos
A UDC deberá presentar un plan de equilibrio financeiro a tres anos para garantir a súa estabilidade económica
Os conselleiros de Educación e de Facenda manteñen co equipo reitoral unha reunión co fin de corrixir a situación
A Xunta destina preto de 50.000 euros a novas obras para seguir mellorando a eficiencia enerxética do CEIP da Pontenova
O delegado territorial visitou hoxe o centro para comprobar o avance dos traballos, que se prevén rematar a próxima semana
Rueda sinala que o cupo que esixen os independentistas ocasionaría a Galicia un prexuízo económico similar ao custo de dous anos de prestacións de dependencia
Apunta que o informe presentado hoxe no Consello da Xunta “constata que a situación pon en perigo a prestación dos servizos básicos en Galicia"
Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para a redución da burocracia nos centros educativos, que suporá un aforro de máis de 120.000 horas por curso e uns 600 pasos administrativos
Cúmprese así cun dos puntos pactado no Acordo de mellora educativa cos sindicatos CCOO, ANPE e UXT, do que para o seu desenvolvemento se vén traballando desde hai meses
Galicia escala nove posicións no ránking das rexións europeas máis innovadoras
Segundo o informe da Comisión Europea, a Comunidade é a segunda de España que máis evoluciona e sitúase entre as 25 zonas de Europa con mellor comportamento
A Xunta impulsa un total de 59 obras por case 50 M€ en centros educativos da provincia de Pontevedra
Avánzase na execución en distintas fases de 32 grandes intervencións, que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais
O Centro de Supercomputación de Galicia incorpora un investigador do prestixioso programa Ramón y Cajal
O conselleiro de Ciencia recibe ao científico Pablo Ouro, que levaba 12 anos en Reino Unido e centrará a súa investigación no ámbito das enerxías renovables
A Xunta impulsa un total de 131 obras por máis de 44 M€ en centros educativos da provincia da Coruña
Avanzarase na execución en distintas fases de 31 grandes intervencións, que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais
Román Rodríguez felicita polo seu 10º aniversario ao CRETUS, que conta cun apoio da Xunta de máis de 3 M€
O conselleiro destaca o labor do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais da USC, acreditado polo Goberno galego como membro da Rede CIGUS pola súa excelencia