Actualidade
Buscador de novas
‘Atardecer no Gaiás’ aposta en agosto polo rock, a electrónica, o pop e a música urbana
O grupo compostelán Dogo será o primeiro en subir ao escenario da Cidade da Cultura este xoves 6 de agosto ás 21,00 horas
A Xunta reúne aos mellores bailaríns de hip-hop en Vigo nunha nova edición do campamento da Summer
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este martes a iniciativa de formación, competición e expresión artística
López Campos destaca en Poio o compromiso do Goberno galego coa “excelencia e calidade” de todas as dotacións culturais locais de Galicia
A Xunta facilitou a renovación do mobiliario bibliotecario e do pavimento desta instalación municipal cunha achega de preto de 20.000€ para estas actuacións
Martina Aneiros pon en valor os traballos de conservación que a Xunta financia no xacemento arqueolóxico do Castro do Sarridal, en Cedeira
A delegada territorial de Ferrol, visitou a actuación, que conta cun financiamento de máis de 17.500 euros
López Campos acompaña en Vigo o equipo da longametraxe ‘Pínkala’, apoiada pola Xunta para a súa filmación en Galicia
O filme recibe 350.000€ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mediante a convocatoria de atracción de rodaxes de 2025, dotada este ano con 2,53 M€
Anxo M. Lorenzo celebra a “acertada presenza” no Museo do Mar da mostra homenaxe a José Suárez pola “dignificación da xente do mar” das súas fotografías
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca “a súa ollada vangardista para retratar a vida da xente humilde ás marxes de clixés”
A Xunta facilitará que nove profesionais participen en residencias literarias de México, O Xapón, Italia, Colombia ou Portugal
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude financia estas estadías fóra da Comunidade Autónoma, que tamén inclúen as cidades de Almería e Xixón
López Campos convida á cidadanía a desfrutar dunha “feira do libro histórica” na Coruña con 350 actividades
Os xardíns de Méndez Núñez acollen obradoiros, presentacións, sinaturas de obras, teatro, roteiros literarios e máis propostas ata o luns 10
A Xunta colabora con 300.000€ cunha trintena de proxectos didácticos en galego
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas para fomentar a elaboración e publicación de recursos curriculares non universitarios na nosa lingua