Actualidade
Buscador de novas
López Campos enxalza o importante intercambio cultural entre a mocidade de Galicia e o Xapón que supón o programa ‘A Xuventude no mundo’
Salienta que a iniciativa leva 16 anos promovendo que “rapaces xaponeses coñezan a nosa cultura, lingua e patrimonio, ao tempo que permite á galega afondar na nipoa”
A Xunta crea a Comisión de Proxección Institucional no marco do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe a sesión constitutiva desta entidade, que ten como obxectivo aumentar a presenza de Galicia no ámbito institucional dos países de lingua portuguesa en áreas como a gobernanza, os intercambios universitarios e as industrias creativas e culturais
A Xunta e Afundación achegan á Coruña unha mirada máis ampla e diversa da arte contemporánea galega coa exposición ‘Outras historias posibles’
López Campos subliña que a proposta “enriquece a nosa historia da arte outorgando maior visibilidade a artistas galegas ou vinculadas a Galicia”
A Xunta organiza obradoiros de arqueoloxía e visitas guiadas nocturnas na primavera activa do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
A programación inclúe propostas como xogos de pistas, experiencias creativas, actividades artísticas, e ‘escape rooms’ de abril a xuño
A Xunta pon en valor a figura de Luísa Villalta cunha mostra no gaiás que recupera o seu arquivo persoal
O proxecto constrúese grazas á doazón dos fondos persoais da escritora por parte da súa familia e reúne máis de 60 pezas, entre as que se atopan borradores das súas obras, correspondencia, notas e publicacións
A Xunta distribúe 80.000 euros para 47 contratacións de bandas galegas en festivais de música da comunidade
As oito citas que contarán con esta subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en 2026 son Asalto ao Castelo de Vimianzo, Ateneo Barroco, Castañazo, Castelo Rock, Electrofauna, Encordass Fiddle Fest, Millo Verde e The Wild Fest
Rueda felicita a Isabel Dobarro polo seu premio Grammy e convídaa a participar en eventos do próximo ano Xacobeo
Salienta a importancia de seguir traballando para que a música sexa una ferramenta cada vez con máis impacto social, un obxectivo para o que o Goberno galego está a impulsar o primeiro Plan estratéxico do sector
A Xunta abre mañá o prazo para apuntarse en 16 novos cursos de xuventude e voluntariado
A formación aborda aspectos como o uso da intelixencia artificial, a educación emocional, a iniciación aos deportes náuticos ou as habilidades sociais
A Xunta programa actividades lúdicas ao redor do potencial artístico e creativo do xogo na Cidade da Cultura
‘Gaiás en xogo’ ofrecerá propostas para a rapazada de entre 0 e 12 anos ao longo de toda a xornada do sábado 14 de marzo, con acceso gratuíto
A Xunta suma preto de 3700 participantes no programa Parlamento Xove
López Campos destaca o interese da mocidade nesta iniciativa que vai xa pola 17ª edición coa participación de máis de 750 equipos desde a súa posta en marcha