Actualidade
Buscador de novas
A Xunta completa os traballos para coñecer os 18 séculos de historia do xacemento de Adro Vello
A intervención, en colaboración coa Universidade de Vigo, dá continuidade ao proxecto iniciado en 2022 para reconstruír as diferentes fases de ocupación
O Belén de Begonte reforza a súa vertente cultural con dúas publicacións de poesía e un premio para artistas mozos
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da nova edición, da que será pregoeiro o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos
López Campos destaca o carácter pioneiro da serie ‘Pensión incompleta’, rodada nas catro linguas oficiais do estado
A Xunta de Galicia subvenciona con 240.000 euros este proxecto inédito de colaboración entre televisións autonómicas que conta coa implicación de Televisión de Galicia e Voz Audiovisual xunto a EITB e 3Cat
A Xunta licita o proxecto de restauración da igrexa de Santa María de Atalaia en Laxe, na que se prevé investir 170.000 €
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xa comezou as obras de recuperación do cruceiro e da cruz do testeiro deste Ben de Interese Cultural por valor de 5.000€
Rueda anuncia que a Xunta declara Ben de Interese Cultural o Castro de San Cibrao de Las
Asegura que se trata “dun dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros e visitados de Galicia” cun alto valor “cultural e histórico”
O audiovisual galego preséntase no Festival de Cine de Xixón con tres estreas de filmes subvencionados pola Xunta
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu no Teatro Jovellanos á première española de As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns, dentro da competición oficial do certame asturiano
Valentín García enxalza o grupo ‘Ialma’ pola “súa implicación coa cultura galega máis alá da nosa terra”
O secretario xeral da Lingua participa na rolda de prensa de presentación do concerto que o grupo belga ofrecerá este mércores en Padrón para celebrar o seu 25 aniversario, co que colabora a Xunta de Galicia no marco das accións de impulso do idioma
A Xunta abrirá o Foro internacional ‘Sinte’ cunha conferencia do autor de creacións dixitais para o Gran Museo Exipcio, a NASA, Google ou Nike
O cofundador e director de Ouchhh Studio, Ferdi Alici, incorpórase a un programa con máis dunha vintena de destacadas figuras da arte e cultura dixital a nivel nacional e internacional, procedentes de Francia, Italia, Turquía, Portugal ou O Xapón
A Xunta apoia con preto de 31.000 euros a cinco concellos de Ferrolterra para a mellora e equipamento das súas instalacións culturais
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta destas axudas no marco dunha visita ao centro cívico sociocultural das Somozas, onde se mellorou o acondicionamento acústico do salón de actos
A Xunta premia unha intervención artística que crea dúas illas flotantes de madeira na lagoa do xardín literario da Cidade da Cultura
O proxecto ‘A auga é un intre que aprendeu a quedar’ instalará dúas estruturas circulares, realizadas en madeira de castiñeiro e con técnicas de construción naval, que flotarán á deriva na lagoa levadas polo vento