Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o compromiso do sector forestal galego na descarbonización dos procesos produtivos
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita as instalacións da empresa Hijos de Vicente Suárez na localidade coruñesa de Outes, onde levan a cabo a reciclaxe da madeira procedente das bateas
Rueda aposta por seguir impulsando o despregamento eólico para manter o liderado de Galicia no sector
Pon en valor os investimentos feitos na comunidade neste sector, e salienta a importancia de apoialos
Lorenzana lembra que ata o vindeiro 17 de marzo as empresas galegas xa poden solicitar as axudas da Xunta para intelixencia artificial
Galigrain foi unha das empresas beneficiarias o pasado ano desta liña de apoios da Xunta, coa que está a implantar un sistema de planificación de almacenamento baseado en intelixencia artificial
Rueda recoñece a Cándido Hermida como un referente do prestixio industrial da comunidade e do selo Galicia Galidade no mundo
Subliña que o éxito do premiado, que emprendeu con 45 anos e hoxe conta cun grupo empresarial que ten presenza en máis de 500 cidades de 80 países
Lorenzana anuncia axudas para a instalación de desfibriladores nas estacións de servizo do rural
A medida forma parte do paquete de apoios aprobado o pasado ano pola Xunta para gasolineiras situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes ou ben, como novidade, naquelas parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas
Lorenzana avanza que o vindeiro Consello da Xunta aprobará o borrador do plan director do sector TIC, cun orzamento estimado de 60 M€
Sinala que o TIC “leva aumentando moitísimo o seu peso na economía galega” e desde 2020 rexistrou un crecemento en Galicia do 21 por cento, o cal supuxo a entrada de 4.000 novos profesionais
Rueda inaugura en Madrid a primeira sede da Oficina Económica de Galicia fóra da comunidade autónoma
Destaca que este novo punto de atención prestará asesoramento ás empresas galegas que traballan en Madrid, e tamén servirá para captar novos investimentos
A Xunta aborda coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira novas vías de colaboración para valorizar a construción naval tradicional en madeira
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita en Rianxo (A Coruña) as instalacións de Astilleros Catoira e destaca a tradición como un piar fundamental para o desenvolvemento da innovación e a xeración de mercados de maior valor engadido para os recursos forestais
Lorenzana anuncia que na primeira semana de febreiro sairán as axudas de 3,1 M€ para a mellora de infraestruturas en parques empresariais
Estes apoios cobren ata o 80 por cento do investimento subvencionable cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas