Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o impulso da Xunta á modernización de ebanistería Vicente de la Fuente con máis de 102.000 € con novos equipos máis sostibles que incrementan a súa capacidade produtiva
A representante do Goberno autonómico destacou as novas convocatorias da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), que mobilizarán máis de 16 millóns de euros a través das liñas XERA Valor, XERA Tecno e XERA Savia, orientadas á modernización, innovación, formación e valorización do sector en concorrencia competitiva pendentes de resolver
Rueda destaca a capacidade de Galicia para adaptarse aos novos retos globais e de atraer novos investimentos como o da multinacional SAIC
Subliña que a compañía chinesa —que prevé nunha primeira fase a creación de 2.300 empregos e un investimento de arredor de 200 M€— puido decidirse por Galicia grazas á “estabilidade política e a aposta con firmeza polo que nos fai crecer”
A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
A directora do Igape destacou o peso estratéxico do sector TIC, que representa o 2,5 % do PIB galego, xera máis de 23.000 empregos e conta con máis de 3.100 empresas
Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
Apunta que, neste momento, a Xunta ten en tramitación 16 proxectos industriais estratéxicos que suman un investimento de 1.700 M€ e unha capacidade de xeración de 3.700 empregos en toda a comunidade
Lorenzana anuncia que desde hoxe xa se poden solicitar as axudas para tecnoloxías duais en defensa, seguridade e aeroespazo, cun orzamento de 6 M€
“Cada satélite, cada dispositivo de loxística espacial, cada software que se deseña aquí posiciónanos nun mercado global altamente competitivo e, ademais, nun momento en que é máis necesario que nunca”, di
A Xunta aborda con Asime as medidas a incluír no anteproxecto do Plan director da industria metalmecánica
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participou neste encontro, que se enmarca na rolda de contactos que a Xunta está mantendo cos diferentes clústeres para a elaboración dos distintos plans directores
A Xunta salienta en Corvus Belli o potencial da industria creativa galega para competir nos mercados internacionais
A directora do Igape, Covadonga Toca, pon en valor o exemplo dunha empresa que exporta o 90 % das súas vendas e comercializa os seus produtos en máis de 60 países