Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

13/11/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda compromete o apoio e a estabilidade da Xunta para seguir facendo de Galicia un territorio competitivo e confiable para o tecido empresarial

Entre as prioridades da Xunta para o ano 2025, destaca o respaldo ao tecido empresarial galego e o fomento de proxectos de colaboración público-privada para potenciar o desenvolvemento económico da comunidade

13/11/2024 | 13:27 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Axencia Galega da Industria Forestal asina dous convenios coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para promover a construción en madeira nas edificacións

O obxecto deste acordo é incorporar sistemas construtivos que maximicen o uso de materiais de orixe biolóxica e reciclables como a madeira nas obras públicas de ampliación, rehabilitación, reforma e nova creación, para diminuír a pegada de carbono na edificación pública

12/11/2024 | 15:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da formación para a seguridade e saúde laboral no sector da minería

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe o II Seminario de operacións e mantemento, organizado por Finanzauto

12/11/2024 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta contribúe un ano máis á visibilización do deseño galego a través dos Premios Paraugas promovidos polo Clúster de Comunicación de Galicia

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no teatro Jofre na presentación destes galardóns que distinguen cada ano aqueles traballos ou estratexias de creatividade, deseño, edición, impresión, márketing, eventos e comunicación que sobresaen polas súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e obtencións de bos resultados 

10/11/2024 | 10:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta especializa a 50 mozas e mozos en comercio exterior para impulsar a internacionalización das empresas galegas

O Goberno galego vén de resolver a última convocatoria dun programa que, desta volta, sumou 3 M€ para que 50 estudantes con titulacións universitarias de grao superior poidan formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego

09/11/2024 | 14:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a idoneidade do proxecto gañador que vai dar unha segunda vida ao Pazo de Lourizán

Salienta que recobra a actividade despois de moitos anos e que se abre ao público en xeral cunha oferta de servizos moi diversificada: ocio, restauración, investigación científica e coworking

08/11/2024 | 21:02 | C. de Economía e Industria

Arias destaca que a Xunta promove novas estratexias para impulsar o emprendemento mozo

O delegado territorial asistiu á entrega dos IX Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo

08/11/2024 | 19:33 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a capacidade de evolución e adaptación aos cambios como exemplo do espírito emprendedor das empresas familiares galegas

Subliña que os 50 anos de traxectoria de Aibasa son froito do esforzo colectivo, do seu compromiso e da súa visión de futuro

08/11/2024 | 13:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no desenvolvemento dun sistema de observación intelixente da biodiversidade con aeronaves non tripuladas

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe en O Porriño á segunda campaña de probas de validación das tecnoloxías que se están a desenvolver no programa de I+D do Goberno galego e Telespazio no Polo Aeroespacial de Galicia