Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 995 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

28/11/2024 | 16:24 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Rueda destaca que Galicia vai ser pioneira coa aprobación da primeira lei autonómica de intelixencia artificial

A futura normativa, que espera que se poida aprobar no Consello da Xunta proximamente, busca garantir un emprego seguro e ético desta tecnoloxía

28/11/2024 | 16:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Rede CeMIT xestiona máis de 40.000 horas de formación anuais en competencias dixitais

O II Encontro de dinamizadores da Rede CeMIT celebrouse hoxe na Cidade da Cultura

28/11/2024 | 14:53 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP analiza nun curso monográfico as técnicas de modulación competencial para mellorar a xestión pública

A Escola Galega de Administración Pública clausurou o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia

27/11/2024 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta, Ministerio e Universidades formalizan o acordo para a contratación de 166 profesores axudantes doutores

O Goberno galego destinará máis de 16M€ ata 2030 a este programa de captación de talento, que financiará parcialmente o Ministerio os primeiros seis anos

26/11/2024 | 21:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación e acceso á vivenda

Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % á venda para os menores de 36 anos dos inmobles que constrúa o Goberno galego

24/11/2024 | 11:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pecha a convocatoria de axudas á conectividade do programa UNICO con 1.200 solicitudes de bonos dixitais

Foi practicamente a única das tres liñas de axuda do programa estatal que rexistrou demanda, a pesar da ampliación do prazo de solicitudes e do reforzo da difusión

21/11/2024 | 15:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta restablece a total operatividade dos seus sistemas informáticos tras rexistrar cortes intermitentes por unha incidencia técnica

Un erro do fabricante nunha nova versión dun software provocou a incidencia técnica que afectou ao funcionamento de diferentes servizos da Administración Autonómica

21/11/2024 | 11:27 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca a importancia do dominio ‘.gal’ na proxección da cultura, a lingua e as empresas galegas na rede

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública recibiu esta mañá á directiva da Asociación PuntoGal, con motivo do décimo aniversario da consecución do dominio

20/11/2024 | 16:42 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o compromiso social da familia de Amador de Castro na presentación da súa fundación

Fabiola García sinalou que Galicia posúe unha tupida rede solidaria que vai desde o voluntariado ata fundacións