Actualidade
Buscador de novas
Últimas prazas dispoñibles para a xornada sobre os retos da Ciberseguridade en Galicia, que organiza o Nodo CIBER.gal o vindeiro 13 de xuño en Ourense
Os interesados en participar poden inscribirse de balde, en modalidade online ou presencial, a través do portal cibereguridadegalicia.gal
O Goberno galego abre o proceso de captación de investimentos privados para a sociedade mixta que se creará ao abeiro da Lei de recursos naturais
Rueda indica que as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas desde o vindeiro luns e ata o 30 de xuño
As tres primeiras ferramentas dispoñibles do Proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre os usuarios e os dispositivos tecnolóxicos
Son un tradutor neuronal multilingüe, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego e o converte a texto e unha aplicación que a partir dun texto é quen de ler en galego
A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención presencial para a elaboración da renda 2022 que comeza hoxe
Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos
Mañá abre o prazo para que asociacións, autónomos e pemes comerciais soliciten as axudas da Xunta para financiar proxectos que introduzan as novas tecnoloxías, a innovación e a sustentabilidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago de Compostela na clausura da XXIII Asemblea Xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar
A economía galega medrou un 1,1 % entre xaneiro e marzo, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde o ano 2018
O PIB galego creceu un 2,8 % en relación ao primeiro trimestre do pasado ano
A Xunta asina a constitución do consorcio europeo de goberno intelixente ‘Govtech4all’ xunto con outros 21 organismos de 15 países
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o concello de Madrid e a Deputación Foral de Biscaia son os catro integrantes españois deste consorcio
A Xunta analiza as consecuencias xurídico-administrativas da pandemia co obxecto de mellorar a resposta a futuras crises
A Escola Galega de Administración Pública inicia un curso monográfico de dous días no que aborda as diferentes medidas adoptadas para afrontar a situación de emerxencia ocasionada polo gromo epidémico da COVID-19
A Fundación Vodafone España e a Xunta dan a coñecer os gañadores do “Superreto Digicraft” de Galicia
Nesta final autonómica presentáronse os proxectos finalistas do concurso SuperReto DigiCraft, no que participan os centros educativos rexistrados no programa ‘DigiCraft no teu cole’ de Galicia
Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 20 días por debaixo da media de comunidades autónomas