Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/06/2026 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará á venda as 13 vivendas públicas da rúa das Devesas, en Pontevedra, cuxas obras licita por 2,5 M€

Allegue sinala que, no marco das novas medidas impulsadas pola Xunta para que máis familias poidan acceder á vivenda pública, o 30% dos fogares reservaranse a persoas entre 36 e 45 anos con fillos a cargo, ademais da reserva do 25% para menores de 36

24/06/2026 | 16:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta
24/06/2026 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta prevé aprobar o proxecto de rehabilitación do Pazo de Dona Urraca este ano e rematar as obras en 30 meses

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, aclara que os contratos recentemente asinados inclúen a dirección das obras e polo tanto fixan os prazos totais para a finalización dos traballos

23/06/2026 | 15:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

Villares valora co alcalde do Corgo os apoios da Xunta para a mellora de dotacións e servizos no municipio

O delegado territorial de Lugo destacou, entre outros, o obradoiro dual de emprego iniciado recentemente ou a licitación en curso para o reforzo do firme dun tramo da estrada LU-546

23/06/2026 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a segunda fase da mellora da seguridade viaria na estrada LU-530 ao seu paso por Castelo, en Lugo

O delegado territorial, Alfonso Villares, comprobou a marcha dos traballos, que contemplan a implantación dun segundo paso de peóns e un novo tramo de senda peonil

23/06/2026 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue pon en valor a humanización de Merelle en Trazo, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, cun investimento de máis de 288.000€

A Xunta asumiu o 70% do orzamento e executou as obras, e o Concello aportou o 30% restante do financiamento

23/06/2026 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/06/2026 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traballa na recuperación dos servizos esenciais e infraestruturas viarias nas zonas de Lugo e Ourense máis afectadas polas chuvias do 17 de xuño

Alfonso Rueda anuncia que “esta mesma tarde” o Goberno galego convocará ás Deputacións de ambas provincias para realizar en conxunto “unha análise minuciosa dos danos e concretar as necesidades de reparación”