Actualidade
Buscador de novas
A conselleira Allegue supervisa as tarefas que a Xunta está a executar tras o deslizamento de terras en Xalde, na autovía do Morrazo
Xa se levaron a cabo labores de limpeza e os técnicos puideron confirmar que o firme da autovía non sufriu danos
A Xunta habilitará unha nova senda de case 3km na estrada PO-313 ao seu paso por Broullón, en Moaña, que suporá un investimento de 3M€
O novo itinerario peonil desenvolverase nun treito de preto de tres quilómetros, entre o núcleo de Broullón ata a intersección coa estrada provincial EP-1104
A nova Sociedade Pública de Vivenda da Xunta licita proxectos de preto de 2.500 vivendas públicas no seu primeiro ano de funcionamento
García Porto cualifica de “caso de éxito rotundo” o traballo que está a realizar a sociedade, tras licitar estes proxectos de vivenda, das que 1.641 construiranse en solo da Xunta, 837 en parcelas cedidas polos concellos e 16 proceden da transformación de locais en vivendas
A Xunta de Galicia adxudica a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 17 vivendas de promoción pública en Culleredo
O contrato será adxudicado por importe de preto de 107.000 euros
Allegue pon en valor a planificación da Xunta e o orzamento histórico para a conservación e o mantemento dos 5.500km de estradas autonómicas
A conselleira lembrou que a finais de 2026 a Xunta renovou o contrato de conservación ata 2029, cun orzamento de 176M€, un 31% máis con respecto ao último contrato
A Xunta corta un carril da autovía do Morrazo AG-46 tras o deslizamento de terras en Xalde, en Moaña
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, desprazouse ata Moaña para supervisar o alcance do desprendemento na autovía e interesarse pola persoa ferida no suceso
Rueda destaca os 2.000 M€ que investirá a Xunta ata 2030 para acadar un parque de 10.000 vivendas públicas e blindar o dereito a un fogar
Resalta que o novo Pacto nace do “consenso co sector” no marco do Observatorio da Vivenda e pon o foco na construción, a rehabilitación e a xestión de solo residencial