Actualidade
Buscador de novas
Belén do campo supervisa as obras de reforzo de firme na estrada AC-432 ao seu paso por Camariñas e Vimianzo que contan cun investimento de máis de 1,1 M€
A delegada da Xunta visitou as zonas da estrada AC-432 que se arranxarán nestes concellos para garantir a súa funcionalidade e seguridade viaria
Manuel Pardo pon en valor as axudas de preto de 1,5 M€ da xunta para mellorar a eficiencia enerxética de 15 concellos da provincia
O delegado territorial supervisou as obras no edificio municipal nas que Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes inviste preto de 115.000 euros
A Xunta recibe seis ofertas para a redacción do proxecto de 10 vivendas públicas en Marxión, no concello de Vilagarcía de Arousa
O investimento total estimado previsto para a súa construción é de 1,9M€
A Xunta inicia a tramitación ambiental do Proxecto de nterese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, co obxectivo de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Sagrado Corazón, en Lugo, é o primeiro que inicia a tramitación ambiental
Rueda participa na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra.
A Xunta abre este luns a inscrición na nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en setembro e outubro
Nesta convocatoria celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 13 de setembro en Monforte de Lemos, o 20 de setembro no Porriño, o 27 de setembro en Culleredo e o 4 de outubro en Narón
A Xunta iniciará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes tres estradas autonómicas ao seu paso polas provincias da Coruña, Lugo e Ourense
Trátase de actuar nas estradas AC-552, en Cee; na LU-122, ao seu paso polos concellos da Pastoriza, Riotorto, Mondoñedo e Lourenzá; e na OU-536, no seu percorrido polos municipios do Pereiro de Aguiar e Castro Caldelas
A Xunta apoia con máis de 146.000 euros á mellora de locais e equipamentos de dezaseis entidades veciñais a través do plan específico de acción comunitaria
A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá a AVV de San Vicente de Vilaboa, beneficiaria de dúas achegas valoradas 17.000 euros para a substitución da cubrición do local e a adquisición de equipamento